Aquela
mañá dun luns, o sono puido comigo. Mentres os meus compañeiros atendían a
película que o profesor nos puxera, eu caín durmida. Tiven un soño que, non sei
como, se correspondía coa película que pasaba no proxector da miña aula. Todo o
pobo daquela vila de montaña amencía e desenvolvía todos os agasallos que, na
noite anterior, os Reis Magos decidiron deixarlle. Marcos, fillo dun home que
investira moito capital en cuestións absurdas, só recibiu unha carta na que se
desculpaban por non deixarlle ningún agasallo aquel ano, pero o rapaz, ante a
idea de ter unha carta escrita polos mesmísimos Reis de Oriente, mostrábase
feliz. Á parte disto, para o neno era normal non recibir agasallos. Cando
espertei, o profesor pediume que desenvolvese o argumento da película, e todos
quedaron pampos de que soubese o que pasara e o profesor tampouco o podía crer.
17 de decembro de 2015
15 de decembro de 2015
ESCRITA DOS NÚMEROS
Santiago
de Compostela, 6 de xuño 2015
Chámome
Noa e teño dezanove anos. Este é o meu primeiro curso como estudante de
medicina. A verdade, e que non foi doado acceder a esta carreira: a nota media
era de 12.11 na selectividade. Pero agora que logrei acceder a ela, encántame!
Comparto piso con Sara, unha rapaza de vinte e dous anos que tamén estuda esta carreira. Na miña clase somos 123 alumnos, a maioría moi ilusionados por
cumprir o noso soño de chegar a ser doutores. Eu sento na 2ª fila, entre Carlos e
Rosa, dous dos meus mellores amigos que teño aquí.
Nesta
cidade, os xoves pola noite son un ritual que non pode faltar. A semana pasada fomos
ao III aniversario dunha sala de festas, onde tocaba unha banda bastante boa da
cidade.
Definitivamente,
este primeiro ano como universitaria está sendo inesquecible!
MAIÚSCULAS E MINÚSCULAS
Dende nena, Bea gozaba nas clases de Bioloxía, e para ela
estudar esa materia, máis que unha obriga, era un pasatempo. Ademais sempre
andaba a enredar nun xogo que consistía en colocar planetas. O seu favorito era
a gran bola vermella, Marte. O tempo pasa, e a idea de converterse nunha
directora dunha misión especial da NASA pasou a ser o seu maior soño, e
aparecer nos libros de texto como Sra. López o seu obxectivo. E poder viaxar a
Marte, para logo escribir Historia da
gran bola vermella. Por iso, cando leu en La Región que pretendían implantar Enxeñería Aeroespacial na súa
cidade comezou a pensar que o seu soño se podía cumprir.
14 de decembro de 2015
BAILANDO CON SOMBRAS
Decembro, 1937.
Carme, dez anos, unha infancia na que só existiu a pobreza. Era unha nena
feliz, aínda que nas súas lembranzas só existían, mortes, sangue e medo.
Unha noite fría e escura decide saír
ver aquel espectáculo celestial, no que as estrelas xogaban no ceo, libres.
Vaise afastando da casa inmersa na penumbra, inmersa na inocencia. As casas,
silenciosas, amosaban a tranquilidade dunha aldea que durmía e agardaba un novo
día sen saber que pasaría cando o sol volvese a brillar baixo as nubes.
Quizais foi a súa inocencia a que levou
á pobre nena ao camiño que ninguén se decidía a percorrer. Ou quizais foron as
súas ganas de fuxir da rutina. Fose como fose, o camiño rematou no mesmo punto
no que Carme abandonou a nenez.
Na porta do cemiterio puido observar un
grupo de homes que semellaban conter na súa alma ao demo. Cando a rapaza
levantou a vista, puido ver como das árbores colgaban sombras, ou iso semellaba.
Alguén berraba, berraba moito. E de súpeto, os berros rematan, e o silencio so
é interrompido pola conversa dos discípulos do demo. E unha nova sombra colga
doutra árbore.
Carme crece, pero a nena que antes
semellaba ser feliz, agora é unha velliña que, dende aquela noite, baila no
mundo dos mortos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)