21 de abril de 2016

O PRINCIPIÑO

Con motivo do Día do Libro recomendo a lectura do libro O Principiño na editorial Galaxia. Ademais, este ano a obra de Antoine de Saint-Exupéry cumpre 73 anos.

MANUEL MARÍA

Con motivo das Letras Galegas, presento un tríptico sobre a vida e a obra de Manuel María.

ABREVIATURAS

O mensaxeiro non sabía onde estaba a rúa do Sr. López, ao cal lle debía entregar o doc. sobre a bibliog. daquel famoso escritor. Cando por fin se decatou de que se dirixía a avda. de Pescia, acudiu ao seu encontro, esperando que o home firmara no cadro que puña asdo.

SÍMBOLOS E ACRÓNIMOS

A rapaza que estuda a ESO foi onte á Renfe, comprar un billete para o AVE a Madrid. A verdade é que eran bastantes km e o billete custoulle 50€.

O día da viaxe, cunha botella de ½ l de auga baixo o brazo, entra no tren cara á súa nova vida.

SIGLAS

Dende que rematara os seus estudos no IES da súa vila, soñara con ser enfermeira, pero a súa nota non lle permitía entrar na USC pola carreira dos seus soños, polo que realizou os estudos de ATS. Ao rematar, pasou a traballar na UCI dun hospital de Santiago, e alí foi onde leu a noticia recén publicada pola OMS.

10 de abril de 2016

CON QUE, CON QUE

-      Con que lapis debería realizar o debuxo?
-      Con que sexa brando abonda.

A tenda de manualidades da vila estaba pechada aquela tarde, con que non puido mercar o material con que realizar o traballo.

SENÓN, SE NON

“Non sairás da casa se non recolles o teu cuarto”, “Non fas nada senón ver a televisión”. Estaba farto de tanta esixencia. Se non fora porque seguía vivindo no seu mundo, marcharía da casa.

HABER, A VER

A empresa sobresaía polos seus haberes. Haber había moita xente que quería ir ver como era o seu funcionamento. Pero ninguén imaxinaba os segredos que gardaba aquel edificio.

 -A ver como amañamos isto- dicía o presidente unha e outra vez.

HAI, AI, AÍ

Hai moitos anos, detrás da montaña, aparecía una muller da que se dicía que cada noite saía a buscar ao seu fillo que fora raptado varios séculos atrás. Aí, detrás do penedo que coronaba a montaña.

        -Ai, meu fillo que levaron os demos…- era o único que a muller dicía, noite tras noite, ano tras ano e século tras século.

PORQUE, PORQUÉ, POR QUE

Todos sabíamos que o que fixeran estaba mal, pero seguro que tiveron un porqué para levar a cabo a acción. Todo o mundo preguntaba por que decidiron asaltar o Pazo do Castelo, e eles só contestaban que porque necesitaban un teito baixo o que durmir.